miércoles, 24 de diciembre de 2014

Santa goes around the world

Dende a aula de Plástica todo o colexio participou na elaboración deste pequeno proxecto sobre o Nadal. Cada clase amosou cómo é o Nadal no lugar que escolleu, creando unha longa viaxe do noso Santa Claus ó redor do mundo. Desfrutade do video feito pola profe Iria.

O APALPADOR

O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos ás nenas e nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están a durmir e apálpalles a barriguiña por ver se xantaron abondo e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.
Ten un tronco común con outras tradicións europeas e do norte de España (Olentzero basco e Esteru astur-cántabro) e probablemente a mesma orixe, pero que desgrazadamente en Galiza estaba practicamente esquecido.
O rito da Noite do Apalpadoiro foi descrito por varios estudosos e a figura do personaxe refírese na zona da montaña lucense e, nomeadamente, no Courel.
No oriente ourensán existen referencias a este personaxe aínda que, nalgúns casos, con outros nomes e, noutros, con atribucións menos simpáticas como son as de espantar aos nenos.
Neste conto, Xoán G. pretende espilo das deturpacións que ben poden responder a superposicións pouco afortunadas doutros costumes e quedarse co concepto positivo do personaxe e co seu agarimo.


BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO!!!