miércoles, 11 de febrero de 2015

VACACIÓNS DE ENTROIDO.

As vacacións do Entroido abranguerán os días 16, 17 e 18 de febreiro de 2015. As clases reiniciarán, polo tanto, o xoves 19 de febreiro.

Comunicámoslles que este venres, día 13, os nenos e nenas poden vir disfrazados ao Colexio.


 ENTROIDO

A ANPA "O Trisquel" celebra o vindeiro xoves 12 de febreiro, de 16.00 a 18.00, nas instalacións do colexio, unha FESTA DE CARNAVAL con actividades organizadas pola empresa Infantilandia:
  • 2 hinchables.
  • Talleres de maquillaxe.
  • Música e xogos de animación.
  • Zancudo.
  • Mascota infantil.
  • Filloas.
  • Desfile e concurso de disfraces.
A entrada será gratuita para os socios da ANPA, previa presentación do carnet, sen embargo, os non socios deberán aboar 5€ por familia.

NOTAS:
- Durante ese día no haberá actividades extraescolares.
- Rógase acudir con calzado que non cause danos ao chan do pavillón.
- Os nenos/as usuarios do comedor para pasar directamente á festa deberán avisar ó monitor.