domingo, 24 de mayo de 2015

Letras Galegas 2015

Xosé Fernando Filgueira Valverde, foi co-fundador do Seminario de Estudos Galegos e director do Instituto Padre Sarmiento e do Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. É autor dunha moi numerosa obra, nomeadamente nos campos da historia, literatura, arqueoloxía e antropoloxía de Galicia.

Adícaselle o Día das Letras de 2015 polo seu traballo a prol da cultura galega.



No centro desenvolvéronse diversas actividades para conmemorar tan importante día. A continuación podedes ver algunhas fotografías das actuacións dos alumnos e alumnas do centro, así como un enlace á revista anual "Catro camiños".

Fotos Letras Galegas 2015

Revista Catro Camiños



No hay comentarios:

Publicar un comentario